Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 14 de novembro de 1996 Páx. 10.259

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 1/1294/1996, interposto pola Asociación de Médicos Substitutos de Ourense ó amparo da Lei 62/1978, de protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais da persoa.

Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde a providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se reclama o expediente relativo ó recurso nº 1/1294/96, interposto pola Asociación de Médicos Substitutos de Ourense, contra a resolución deste centro directivo, do 17 de setembro de 1996, pola que se desestimou o recurso formulado contra as listas para nomeamentos temporais de persoal médico da provincia de Ourense.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 62/1978, do 26 de decembro, de protección xurisdiccional dos dereitos fundamentais da persoa, a remisión do citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer e constituírse en autos na sección primeira da referida sala no prazo de cinco días.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

7498