Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Xoves, 14 de novembro de 1996 Páx. 10.259

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 11 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 1/1355/1996, interposto pola Asociación de Médicos Substitutos (Amesu) e Manuel González Vázquez.

Notificóuselle ó Servicio Galego de Saúde a providencia da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pola que se reclama o expediente relativo ó recurso nº 1/1355/96, interposto pola Asociación de Médicos Substitutos (Amesu) e Manuel González Vázquez, contra as listas para nomeamentos temporais de persoal médico da provincia de Ourense publicadas o 23 de maio de 1996.

En consecuencia, esta dirección xeral acorda, de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do citado expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer e constituírse en autos na sección primeira da referida sala no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1996.

Valeriano Martínez García

Director xeral de Recursos Humanos

9608131