Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 13 de novembro de 1996 Páx. 10.214

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 7 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación das providencias de apertura dos expedientes sancionadores de pesca, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios. (Expediente 208/1995P e dezaoito máis).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común L.R.X.P.A., notifícaselles ós denunciados cos datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán a seguir, as incoacións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de pesca 7/1992, do 24 de xullo (DOG nº 151, do 5 de agosto). Asemade, designo instructora dos expedientes a María Rosa Rodríguez Cougil quen poderá ser obxecto de recusación en calquera momento da tramitación dos expedientes, cando concorra calquera dos supostos determinados nos artigos 28 e 29 da LRXPA.

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publciación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Progreso nº 161, entrechán e

presenta-los descargos e documentos que consideren convenientes na súa defensa.

De non presentar alegación no prazo fixado e, consonte ó artigo 13 do Regulamento 1398/1993, do 4 de agosto, de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución para tódolos efectos.

Este órgano administrativo acordará a terminación do procedemento no suposto de que o interesado recoñeza a súa responsabilidade nos cargos que se lle imputan e proceda, en calquera momento anterior á resolución do procedemento e empregando os impresos normalizados que serán facilitados nas oficinas desta delegación provincial ou en calquera outra dependente da Xunta de Galicia, ó pagamento voluntario da sanción que en cada caso corresponda. Todo elo sen prexuízo da posibilidade que asiste a cada expedientado de formula-los recursos que establece a lexislación aplicable e vixente, e ó abeiro do artigo 8 do citado regulamento.

O órgano competente para resolve-los sinalados procedementos, dentro da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense, virá determinado polo tipo de infracción cometida, segundo o artigo 12 da LRXPA e no 40.3º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.

Ourense, 7 de outubro de 1996.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº Expte.Nome e apelidos do

denunciado

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecep. infrinxido

e sancionador

Sanción

proposta

Instructora

208/1995CPedro Presa SerranoAvda. América, 38

Ponferrada (León)

Pescar con máis canas das permitidas e utilizar engado prohibidoArt. 33.4 e 33.9 da Lei 7/1992, de pesca fluvial25.000Mª Rosa Rguez. Cougil
210/1995PEliseo Fernández FernándezCampo da Feira, 13

(O Carballiño)

Pescar sen licencia, sen permiso de couto e en época de vedaArt. 34.1, 34.8 e 34.10 da Lei 7/1992, de pesca fluvial65.000Mª Rosa Rguez. Cougil
6/1996PAprovechamientos Hidráulicos, S.A.Dr. Fleming, 2

(Ourense)

Entorpece-lo funcionamento da escala de peixesArt. 34.30 da Lei 7/1992, de pesca fluvial500.000Mª Rosa Rguez. Cougil
12/1996PJosé Cesáreo Seara Díazr/ Inmaculada, 15

(Ourense)

Pescar sen licencia e sen permiso de coutoArt. 34.1 e 34.10 da Lei 7/1992, de pesca fluvial65.000Mª Rosa Rguez. Cougil
16/1996PJosé González Lópezr/ Manuel Murguía, 32-3ºA

(Ourense)

Pescar unha troita de medida inferior á regulamentariaArt. 33.9 da Lei 7/1992, de pesca fluvial7.000Mª Rosa Rguez. Cougil
22/1996PJuan Gallego Manganar/ Peña Trevinca, 35-4ºD

(Ourense)

Pescar sen leva-la documentaciónArt. 33.1 da Lei 7/1992, de pesca fluvial5.000Mª Rosa Rguez. Cougil
25/1996PJosé González PalmeiroAvda. Zamora, 48

(Ourense)

Pescar sen leva-la documentaciónArt. 33.1 da Lei 7/1992, de pesca fluvial2.000Mª Rosa Rguez. Cougil

Nº Expte.Nome e apelidos do

denunciado

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecep. infrinxido

e sancionador

Sanción

proposta

Instructora

33/1996PJosé Fernández TaboadaAvda. Buenos Aires, 124-4ºB

(Ourense)

Pescar fóra da zona de réxime especialArt. 33.9 da Lei 7/1992, de pesca fluvial15.000Mª Rosa Rguez. Cougil
40/1996PAmadeu Carlos Rodríguez Monteiror/ Bonhome, 22-2º

(Ourense)

Non respecta-las prescricións especiaisArt. 33.9 da Lei 7/1992, de pesca fluvial32.000Mª Rosa Rguez. Cougil
58/1996PCésar Justo Terrazor/ Gorgullón, 34

(Pontevedra)

Pescar sen licenciaArt. 34.1 da Lei 7/1992, de pesca fluvial50.001Mª Rosa Rguez. Cougil
66/1996PAntonio Rodríguez FernándezSan Roque, 26

(Guadalaxara)

Pescar sen licencia e en zona vedadaArt. 34.1 e 34.6 da Lei 7/1992, de pesca fluvial65.000Mª Rosa Rguez. Cougil
77/1996PMª Concepci Cristovao HervellaSobradelo

(Carballeda de Valdeorras)

Pescar sen licenciaArt. 34.1 da Lei 7/1992, de pesca fluvial50.001Mª Rosa Rguez. Cougil
78/1996PJosé Martínez CarballoCruceiro Quebrado, 6-2ºD

Rairo (Ourense)

Pescar sen permiso de coutoArt. 34.10 da Lei 7/1992, de pesca fluvial50.001Mª Rosa Rguez. Cougil
96/1996PJosé Antonio Fernández CarideAvda. Buenos Aires, 185-baixo

(Ourense)

Pescar nunha zona vedadaArt. 34.6 da Lei 7/1992, de pesca fluvial50.001Mª Rosa Rguez. Cougil
100/1996PSantiago González PousaProgreso, 56-7º

(Ourense)

Pescar sen permiso de coutoArt. 34.10 da Lei 7/1992, de pesca fluvial50.001Mª Rosa Rguez. Cougil
108/1996PAntolín López Rodríguezr/ Ramón Piñeiro, 7-3ºC

(Ourense)

Pescar sen permiso de coutoArt. 34.10 da Lei 7/1992, de pesca fluvial50.001Mª Rosa Rguez. Cougil
114/1996PLeonardo Penin Peninr/ Cerdeiro, 31

(Xinzo de Limia)

Pescar sen licencia e en época de vedaArt. 34.1 e 34.8 da Lei 7/1992, de pesca fluvial65.000Mª Rosa Rguez. Cougil
115/1996PCésar Moro Carrerar/ Fructuoso, 38-2º Esq.

Ponferrada (León)

Pescar nunha zona vedadaArt. 34.6 da Lei 7/1992, de pesca fluvial50.001Mª Rosa Rguez. Cougil
117/1996PEnemesio García Vilarr/ Cervantes, 2

Cuevas del Campo (Granada)

Pescar sen licenciaArt. 34.1 da Lei 7/1992, de pesca fluvial50.001Mª Rosa Rguez. Cougil

8014