Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 13 de novembro de 1996 Páx. 10.213

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 7 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da apertura dos expedientes sancionadores de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios. (Expediente 8 e 11/1996AD).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPA), notifícolles ós denunciados que teñen os datos persoais e último enderezo coñecido que se sinalarán a seguir, as incoacións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, 1/1993, do 13 de abril, DOG do 22/4.

Así mesmo, designo instructora dos expedientes a María Rosa Rodríguez Cougil quen poderá ser obxecto de recusación en calquera momento da tramitación dos expedientes, cando concorra calquera dos supostos determinados nos artigos 28 e 29 da LRXPA.

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Progreso nº 161, entresollado e presenta-los descargos e documentos que consideren convenientes na súa defensa.

De non presentaren alegación no prazo fixado consonte o artigo 13 do Regulamento 1398/1993, do 4 de agosto, de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución para tódolos efectos.

Este órgano administrativo acordará a terminación do procedemento no suposto de que o interesado recoñeza a súa responsabilidade nos cargos que se lle imputan e proceda, en calquera momento anterior á resolución do procedemento e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas oficinas desta delegación provincial ou en cal

quera outra dependente da Xunta de Galicia, ó pagamento voluntario da sanción que en cada caso corresponda. Todo isto sen prexuízo da posibilidade que asiste a cada expedientado de formula-los recursos que establece a lexislación aplicable e vixente, e ó abeiro do artigo 8 do citado regulamento.

O órgano competente para resolve-los procedementos sinalados dentro da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense virá determinado polo tipo de infracción cometida, segundo o artigo 12 da LRXPA e no Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Ourense, 7 de outubro de 1996.

Jacobo Gómez-Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 8/1996AD

Nome e apelidos do denunciado: José González Pereira.

Último enderezo coñecido: A Mezquita (Ourense).

Feito denunciado: utilizar animais nunha festa popular.

Precep. infrinxido e sancionador: Art. 21.f da Lei 1/1993, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción proposta: 50.001

Instructora: Mª Rosa Rguez. Cougil.

Nº expediente: 11/1996AD

Nome e apelidos do denunciado: Aladino Silva Álvarez.

Último enderezo coñecido: Avda. Fabero 41, 3º, Ponferrada (León).

Feito denunciado: doar animais de compañía como premio.

Precep. infrinxido e sancionador: Art. 20.c da Lei 1/1993, de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.

Sanción proposta: 50.000

Instructora: Mª Rosa Rguez. Cougil.

8013