Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Mércores, 13 de novembro de 1996 Páx. 10.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

CÉDULA do 7 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da apertura dos expedientes sancionadores de caza, devoltos polo servicio de correos ó resultaren descoñecidos os seus destinatarios. (Expediente 21/1995C e catro máis).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPA), notifícolles ós denunciados que teñen os datos personais e último enderezo coñecido que se sinalarán a seguir, as incoacións dos correspondentes expedientes sancionadores acordadas polo delegado provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes de Ourense, por presuntas infraccións da Lei 1/1970 de caza, do 4 de abril (BOE do 6 de abril) e do seu regulamento,

Decreto 506/1971 do 25 de marzo (BOE do 30 de marzo).

Así mesmo, designo instructora dos expedientes a Mª Rosa Rodríguez Cougil quen poderá ser obxecto de recusación en calquera momento da tramitación dos expedientes, cando concorra calqura dos supostos determinados nos artigos 28 e 29 da LRXPA.

Os denunciados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Progreso nº 161, entresellado e presenta-los descargos e documentos que consideren convenientes na súa defensa.

De non presentaren alegación no prazo fixado, consonte o artigo 13 do Regulamento 1398/1993, do 4 de agosto de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución para tódolos efectos.

Este órgano administrativo acordará a terminación do procedemento no suposto de que o interesado recoñeza a súa responsabilidade nos cargos que se lle imputan e proceda, en calquera momento anterior á resolución do procedemento e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas oficinas desta delegación provincial ou en calquera outra dependente da Xunta de Galicia, ó pago voluntario da sanción que en cada caso corresponda, todo isto sen prexuízo da posibilidade que asiste a cada expedientado de formula-los recursos que establece a lexislación aplicable e vixente, e ó abeiro do artigo 8 do citado regulamento.

O órgano competente para resolve-los procedementos sinalados dentro da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes en Ourense virá determinado polo tipo de infracción cometida, segundo o artigo 12 da LRXPA e no Decreto 5/1987, do 14 de xaneiro, da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Ourense, 7 de outubro de 1996.

Jacobo Gómez Orellana Rodríguez

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Nº Expte.Nome e apelidos do

denunciado

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecep. infrinxido

e sancionador

Sanción

proposta

Instructora

21/1995CJosé Antonio Vilacha GómezPeña Trevinca 26, 2º A (Ourense)Cazar sen posuí-lo permiso de coutoArt. 48.1.8 da Lei 1/1970, de caza5.000Mª Rosa Roguez. Cougil
8/1996CJosé Eiro FernándezAvda. Buenos Aires, 207 (Ourense)Cazar sen posuí-lo permiso de coutoArt. 48.1.8 da Lei 1/1970, de caza5.000Mª Rosa Roguez. Cougil
29/1996CJosé M. Penín MoreirasCapitán Eloy 18, 4º Esq. (Ourense)Sinalización insuficiente do couto.Art. 48.1.2 da Lei 1/1970, de caza5.000Mª Rosa Roguez. Cougil

Nº Expte.Nome e apelidos do

denunciado

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecep. infrinxido

e sancionador

Sanción

proposta

Instructora

33/1996CLuis Cuiñas CidValenzá, 101, 2º Esq. (Barbadás)Cazar en terreo cercadoArt. 48.3.6 da Lei 1/1970, de caza2.000Mª Rosa Roguez. Cougil
39/1996CNilo López CondeSampaio 18, 3º C (Ourense)Cans sen control en época de vedaArt. 48.2.24 da Lei 1/1970, de caza3.500Mª Rosa Roguez. Cougil

8010