Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de urbanización parcial da rúa San Paio, fronte ós números 34 e 36.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 3 de outubro de 1996, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de urbanización parcial da Rúa San Paio, fronte ós números 34 e 36 a instancia de Carnero y López, S.L. representada por Amador Carnero e condicionado a xustificación dos extremos sinalados no artigo 105.2º da L.S.

2. Somete-lo expediente a información pública polo prazo de quince días, anunciando este no BOP e no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, para o seu exame e presentación das alegacións que procedan.

Durante o dito prazo que comezará a partir do día seguinte á publicación deste anuncio poderanse presenta-las alegacións que se consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 21 de outubro de 1996.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

7929