Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO de aprobación inicial do proxecto de pavimentación da rúa San Paio, fronte ó número 38.

A Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 3 de outubro de 1996, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o proxecto de pavimentación da Rúa San Paio, fronte ó número 38, por instancia de Francisco Regueira Vázquez, debendo constituír fianza por importe de tres millóns trescentas vintesete mil setecentas oitenta e unha peseta, (3.327.781 ptas.) para responder da correcta execución das obras.

2. Solicitar do interesado a execución, sequera provisional, do adecentamento do antigo talude da vía do ferrocarril, co tratamento observado pola urbanización que se executará fronte ós números 34 e 36.

3. Somete-lo expediente a información pública polo prazo de quince días, anunciando este no BOP e no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, para o seu exame e presentación das alegacións que procedan.

Durante o dito prazo, que comezará a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, se poderán presenta-las alegacións que se consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 21 outubro de 1996.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

8032