Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.188

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

Aprobación inicial da modificación puntual do PXOU para a recualificación da parcela I3-C da urbanización de Monte Porreiro para parcelas con destino á igrexa e centro parroquial e residencial.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día vinteséis de setembro do mil novecentos noventa e seis, acordou prestar aprobación inicial á modificación puntual do PXOU para a recualificación da parcela I3-C da urbanización de Monte Porreiro para a súa división nas parcelas I3-C1 e I3-C2 para a construcción dunha igrexa católica e centro parroquial e residencial; foi formulado o devandito documento de modificación do planeamento de ordenación integral do municipio por este concello.

Durante o prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, calquera interesado poderá examinar na Unidade de Fomento do concello (rúa Dona Teresa) a documentación inicialmente aprobada, e formula-las alegacións que coide pertinentes.

Pontevedra, 7 de outubro de 1996.

Juan Luis Pedrosa Fernández

Alcalde

7617