Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para o servicio de limpeza das dependencias municipais do Forúm Metropolitano.

1. Entidade adxudicadora: Concello da coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Negociado de Subministracións e Compras. b) Número de expediente: L96/11.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: prestación do servicio de limpeza. b) División por lotes e número: non. c) Lugar de execución: dependencias municipais do Fórum Metropolitano. d) Prazo de execución: catro anos, prorrogándose ata un máximo de seis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 8.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 160.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

1. Entidade: véxase punto 1.

2. Domicilio: véxase punto 6 b.

3. Localidade e código postal: véxae punto 6 c.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: anual.

e) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destas («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... (nome ou denominación social do licitador), para optar ó concurso para a prestación do servicio de limpeza nas dependencias municipais do Fórum Metropolitano».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 4 de novembro de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

8218