Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARBO

APROBACIÓN inicial normas subsidiarias do planeamento urbanístico do Concello de Arbo.

O Concello de Arbo, na súa sesión plenaria do 28-9-1996, aprobou inicialmente o documento das normas subsidiarias de planeamento urbanístico.

O citado documento sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte da derradeira publicación do presente anuncio, xa sexa no Diario Oficial de Galicia, no BOP ou nun dos diarios de maior difusión da provincia, ó abeiro do disposto no artigo 114 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, que aprobou o texto refundido da Lei do solo. Este poderá ser examinado polos interesados durante o prazo de exposición de luns a venres, das 9 ás 13 horas, nas oficinas municipais do concello.

Tamén para os efectos do disposto no artigo 102 do mesmo texto legal, faise pública a suspensión de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición en todo o termo municipal.

Arbo, 29 de outubro de 1996.

O alcalde

Rubricado

8208