Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de unificación de centros de mando da iluminación pública (zona de Monte Alto).

1. Entidade adxudicadora: Concello da coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Unidade de Obras e Concesións. b) Número de expediente: O96/64.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de unificación de centros de mando da iluminación pública (zona de Monte Alto).

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 16.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 320.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42

71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9.Apertura de ofertas económicas e documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicions. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de unificación de centros de mando da iluminación pública (zona de Monte Alto)».

Gastos de anuncio: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 22 de outubro de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

8196