Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.185

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 1996 pola que se anuncia poxa con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de reparación de beiravía na avenida de San Cristovo, marxe esquerda próximo a Lavedra.

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: unidade de obras e concesións. b) Número de expediente: O96/65.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de reparación de beiravía na Avda. de San Cristovo, marxe esquerda próxima a Lavedra.

Prazo de execución: un mes.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 12.650.040 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 253.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas.

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que presentará: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

9. Apertura de ofertas económicas.

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcruso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes («Oferta económica», «Documentación administrativa»), e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a contratación das obras comprendidas no proxecto de reparación de beiravía na Avda. de San Cristovo, marxe esquerda próximo a Lavedra».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 22 de outubro de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

8198