Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se fai pública a aprobación da modificación de tráficos da concesión de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre A Coruña e Vila de Cruces, con anexo V-7032; XG-406, mediante a incorporación ó itinerario concesional dun anexo entre as localidades de Calzada e Ordes.

A Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, con data do 23 de setembro de 1996, resolveu aprobar unha modificación de tráficos da concesión de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre A Coruña e Vila de Cruces, con anexo: V-7032; XG-406, da titularidade de Gómez de Mesía, S.L., mediante a incorporación ó itinerario concesional dun anexo entre Calzada e Ordes de acordo, entre outras, coas seguintes condicións de prestación do servicio:

I. Itinerarios e puntos de parada.

* Calzada-Ordes, por Guitiriz, Olás (Soutelo), Vilamaior, Peñasco e Instituto de Ordes de 16,8 km de lonxitude.

II. Prohibicións de tráfico.

* De e entre Peñasco e Ordes, puntos intermedios e viceversa.

* De e entre Peñasco e Guitiriz, puntos intermedios e viceversa.

III. Expedicións.

Mesía-Ordes por Calzada, Olás (Soutelo), Vilamior, Instituto de Ordes e Ordes.

* Unha expedición de ida e volta os días lectivos.

Ordes-Mesía.

* Unha expedición de ida os luns e os xoves lectivos.

IV. Tarifas.

* Serán de aplicación as establecidas na concesión V-7032; XG-406.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

9608026