Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.167

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se inicia expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) e substitución da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-0417; XG-023, entre a estación de Monforte de Lemos e Taboada, con anexos.

Ó amparo do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, do Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, polo que se aproba o seu regulamento de execución, e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, iníciase expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) e substitución da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-0417; XG-023, entre a estación de Monforte de Lemos e Taboada, con anexos, da titularidade de Antonio Vila Parada.

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, logo do exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes de Lugo (estación de autobuses), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

8173