Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.165

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1996 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicación de concurso público con tramitación urxente, do contrato de obra relativo ó proxecto de execución para a fase de remate do complexo deportivo do concello de Mos (aseos, vestiarios e piscina) e seis máis.

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Proxecto de execución para a fase de remate do complexo deportivo do concello de Mos (aseos, vestiarios e piscina). Pontevedra.

a) Prazo de execución: catorce (14) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a cento trece millóns oitocentas vinteúnha mil duascentas setenta pesetas (113.821.270 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial, grupo C, subgrupo todos, categoría d.

3. Obxecto do contrato.

Cubrición, climatización e mellora da piscina municipal do Concello de Cambados. Pontevedra.

a) Prazo de execución: catorce (14) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a cento vinte millóns novecentas corenta e cinco mil cento corenta e seis pesetas, (120.945.146 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial, grupo C, subgrupo todos, categoría d.

4. Obxecto do contrato.

Construcción pavillón polideportivo en Soutelo de Montes, concello de Forcarei, Pontevedra.

a) Prazo de execución: catorce (14) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a corenta e seis millóns dúascentas noventa e unha mil cento setenta e unha pesetas (46.291.171 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial, grupo C, subgrupo todos, categoría d.

5. Obxecto do contratista.

Construcción pavillón polideportivo no Concello de Xunqueira de Ambía. Ourense.

a) Prazo de execución: catorce (14) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a sesenta e nove millóns cincocentas noventa e seis mil seiscentas cincuenta e nove pesetas (69.596.659 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial, grupo C, subgrupo todos, categoría d.

6. Obxecto do contrato.

Remate do pavillón polideportivo no concello de Muíños. Ourense.

a) Prazo de execución: doce (12) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a sesenta e cinco millóns seiscentas dúas mil cinco pesetas (65.602.005 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial, grupo C, subgrupo todos, categoría d.

7. Obxecto do contrato.

Cubrición das pistas polideportivas de Carballeda de Avia e Abelenda, no concello de Carballeda de Avia, Ourense.

a) Prazo de execución: dez (10) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a trinta e dous millóns setecentas setenta e cinco mil setecentas tres pesetas (32.775.703 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial, grupo C, subgrupo todos, categoría d.

As obras identificadas nos apartados 2 a 7 precedentes executaranse no marco dos convenios de cooperación subscritos pola Xunta de Galicia e a respectiva deputación provincial.

8. Obxecto do contratista.

Reparación do pavillón polideportivo existente no albergue xuvenil da Mariña Española, no concello de Bergondo (A Coruña).

a) Prazo de execución: catro (4) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a vinte millóns setecentas sesenta e seis mil cincocentas cincuenta e catro pesetas (20.766.554 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista: clasificación empresarial, grupo C, subgrupo todos, categoría d.

d) A presente obra executarase no marco do convenio de cooperación subscrito coa Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

9. Outros requisitos.

Tódolos consignados no prego de cláusulas administrativas particulares e, sinaladamente, os esixidos no artigo 80.2º e) da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Garantía provinsional.

Prestarase en calquera das formas admisibles, por importe do 2% do orzamento de licitación.

Os licitadores que acrediten a clasificación empresarial requirida, quedan eximidos de presta-la garantía provisional (Art. 36.2º da Lei de contratos das administracións úblicas).

11. Obtención de documentación e información.

No servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: 54 26 26. Fax: 54 26 39).

12. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro. 15890 - Santiago de Compostela. Fax. (981) 54 26 39), ou no Xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos de San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: non admisibles.

13. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 - Santiago de Compostela).

14. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1996.

P.D. ( Orde do 21-5-1990)

Eduardo Lámas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

9608025