Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.165

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (327/1990).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, dou fe:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo de menor contía dimanante da testamentaría nº 327/1990, nos que recaeu a sentencia co encabezamento e resolución do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o vintedous de xaneiro de 1996. Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, tendo vistos os presentes autos de declarativo de menor contía dimanante da testamentaría nº 327/1990, promovidos por instancia de Alcira Álvarez García e na súa representación o procurador dos tribunais Calviño Gómez, contra Albino Álvarez García, Mª del Carmen Álvarez García e Leandro Álvarez García, todos eles en situación procesual de rebeldía e contra Celia Álvarez García, representada polo procurador Rieiro Noya e contra José Luis López González, representado polo procurador Gómez Martín.

Resolvo que debo desestimar e desestimo a demanda formulada por Alcira Álvarez García, representada polo procurador Calviño Gómez contra Albino, Mª del Carmen e Leandro Álvarez García, todos eles en situación procesual de rebeldía e contra Celia Álvarez García, representada polo procurador Rieiro Noya, e contra José Luis López González, representado polo procurador Gómez Martín, con imposición de custas á demandante.

Contra esta sentencia cabe interpoñer recurso de apelación no prazo de cinco días a partir da súa notificación perante este xulgado.

Líbrese e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma ó demandado en ignorado paradoiro, Albino Álvarez García, expido este edicto en Santiago de Compostela o 22 de xaneiro de 1996.

O secretario

Rubricado

8222