Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.148

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

ORDE do 22 de outubro de 1996 pola que se recoñece de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego a Fundación Miñor.

Visto o expediente de recoñecemento de interese galego e a inscripción no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Miñor, con domicilio en Baiona (Pontevedra) avenida Monterreal número 24-5ºA.

Supostos de feito.

Primeiro.-Luis Carlos de la Peña Arizaga, na súa calidade de presidente do padroado da fundación, en escrito do 21 de agosto de 1996, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

Segundo.-A fundación constitúese en escritura pública, outorgada en Baiona, o día 12 de abril de 1996, ante o notario do Colexio da Coruña César M. Fernández-Casqueiro Domínguez, co número trescentos catorce do seu protocolo, por Paulino Figueroa Rial, Luis Miguel Zozaya Servera, Tomás García Viviens, Mª Teresa Pérez Vieira, Ubaldino Rodríguez Bello, Blanca González Pereda, José-Manuel Gómez Varela, Luis-Carlos de la Peña Arizaga, María del Carmen Bazarra Vila, Jorge Lago Lago, Juan José Louro Carballeira, Juan Louro Lojo, Alfonso Mandado Robles, Arturo Pereira Pequeño, Mª del Carmen Quintas Núñez, Román Pereiro Alonso, José María Galbán Sanchón, Mª Mercedes Rodríguez-Lepina Portela, Xoán Traba Díaz, Alejandro Jesús Bahíllo Fernández, Julián María San Segundo Fernández, José Ramón Vives Pereira, Vicente Montejano Conejero, Herminio Leyenda Vilar, Eduardo Matamoro Quirós, Carmen Irago García, Jesús Louro Carballeira, Onésimo Juncos Rabadán, Francisco Mantecón Rodríguez, Enrique

Mandado Pérez, e César M. Fernandez-Casqueiro Domínguez todos eles no seu propio nome e dereito e ademais, Luis-Carlos de la Peña Arízaga, en representación de Miguel Sáenz de Viteri Fernández, Gonzalo Álvarez Jurado, Benito Quintás Rodríguez, José J. Rial González, Manuel Portoloes Sanjuán, Consuelo Barcia Álvarez, Adriano do Carmo Fernández, María Ares Montaña, María de los Ángeles Galbán Sanchón, Javier Moro Súarez, Manuel Rodríguez Vázquez, Modesto Vázquez Riveiro, María del Carmen Parada López, José Tojo Súarez, Ángel Caicoya de Urzaiz, Alejandro Jesús Bahíllo Fernández, en

representación de Margarita Elesppe Sanmartín, José Álvarez de Paz e Teresa Lucía López García, Alfonso Mandado Robles en representación de Alfonso Mandado Vázquez, Mª del Carmen Quintas Núñez, en representación de José Domínguez Pérez e Román Pereiro Alonso, en representación de María Elena Rodríguez-Lepina Portela, Marcos Pereiro Rodríguez-Lepina e Román Pereiro Rodríguez-Lepina.

Terceiro.-A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública a proposta de clasificación como de interese cultural la Fundación Miñor, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese cultural e a súa adscrición á Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Cuarto.-Á vista da proposta da comisión de secretarios xerais pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 23 de setembro de 1996 (DOG do 10 de outubro) clasificouse como de interés cultural a Fundación Miñor, tendo en conta o disposto no artigo 32.3º.a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego.

Quinto.-Segundo consta no artigo dous dos seus estatutos, o obxecto da fundación é a promoción e fomento de actividades culturais, artísticas e de interese medioambiental, socioeconómico e deportivo na área xeográfica do Val Miñor.

Sexto.-Na escritura pública pola que se constitúe a fundación, constan, entre outros, os seguintes puntos: acreditación da personalidade dos fundadores, dotación inicial da fundación, estatutos nos que consta a denominación da fundación como Fundación Miñor, capacidade xurídica, enderezo e obxecto.

O padroado da fundación estará constituído por Luis Carlos de la Peña Arizaga como presidente, Román Pereiro Alonso como vicepresidente, José Manuel Gómez Varela como secretario, Luis Miguel Zozaya Servera, Paulino Figueroa Rial, Alfonso Mandado Vázquez, e Alejandro Jesús Bahíllo Fernández como vocais.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

Segundo.-Conforme o artigo 32.3º a) do Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, así como o artigo 1 do Decreto 12/1990, é competencia desta consellería a declaración de interese galego e inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Miñor, dado o seu obxecto, coincidente coas competencias desenvolvidas pola Consellería de Cultura e Comunicación Social, asumindo as funcións que en canto a protectorado lle corresponden á Xunta de Galicia.

Terceiro.-Ó amparo do disposto no artigo 7.5º da Lei 7/1983, do 22 de xuño, á realización da finalidade fundacional débense destinar, cando menos, o oitenta por cento das rendas que obteña a fundación e dos outros ingresos que non formen parte da dotación da fundación.

Cuarto.-A Lei 11/1991, do 8 de novembro, dá nova redacción ó artigo 21.2º da Lei 7/1983, establecendo a obriga de, por unha banda, formular e presenta-lo orzamento de ingresos e gastos ó protectorado con anterioridade ó inicio do excercicio económico e, por outra, a de efectuar un inventario-balance, pechado na data da finalización do exercicio, unha memoria das actividades realizadas ó longo do ano e de xestión económica do patrimonio, así como a liquidación do orzamento de ingresos e gastos do ano anterior, que deberán presentarse ó protectorado no prazo de seis meses desde a data do peche do exercicio.

Este conxunto de obrigas débense entender asumidas pola fundación, aínda que non se recollan expresamente nos seus estatutos.

Quinto.-Á vista do exposto pódense entender substancialmente cumpridos os requisitos legais e regulamentarios para a declaración de interese galego e a súa inscrición no Rexistro de Fundacións da Sección de Fundacións da Consellería de Cultura e Comunicación Social segundo se desprende dos artigos 5, 6, 7, 8, 11.1º e 18 da Lei 7/1983, en relación cos artigos 2, 3, 4, 5 e 33 do Decreto 248/1992.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Primeiro.-Recoñecer e declarar de interese galego a Fundación Miñor.

Segundo.-Ordena-la súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, Sección de Fundacións da Consellería de Cultura e Comunicación Social.

Terceiro.-Aproba-los seus estatutos e a formación do seu órgano de goberno.

Cuarto.-A dita fundación queda sometida ó disposto no resto da normativa de xeral aplicación, en especial á obriga de da-la publicidade suficiente ás súas actividades e á ausencia de ánimo de lucro na prestación dos seus servicios, quedando obrigada

a rende-las contas anualmente ó protectorado e a xustificar, a través dunha memoria anual, o cumprimento das cargas fundacionais, así como a presenta-lo proxecto de orzamento antes do último mes do exercicio económico anterior a aquel para o que se formula, debendo solicita-las preceptivas autorizacións do protectorado cando sexan necesarias

Santiago de Compostela, 22 de outubro de 1996.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

6275