Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Martes, 12 de novembro de 1996 Páx. 10.148

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo 01/0001364/1996, interposto por José Luis Vilar Rodríguez.

O 30 de setembro de 1996 a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria recibe da sección primeira da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo nº 01/0001364/1996, interposto por José Luis Vilar Rodríguez, contra resolución da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 1 de agosto de 1996 desestimatoria do recurso ordinario, sobre non figura-lo recorrente na lista definitiva de funcionarios docentes de que se trata.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, e emprázanse para que poidan comparecer en autos na sección primeira da Sala do Contencioso-Ad

ministrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 25 de outubro de 1996.

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

8041