Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA ESTRADA

ANUNCIO.

Primeiro anuncio

O concello da Estrada anuncia a contratación polo procedemento de poxa da seguinte obra: rede de sumidoiros Alto Cruz-posto Cruz Vermella.

Tipo licitación: 10.150.000 ptas., á baixa.

Fianza provisional: 2%.

Presentación de plicas: entre as 9 e as 13 horas dos trece días naturais seguintes á publicación do presente anuncio, na secretaría do concello.

As plicas presentaranse en dous sobres pechados, un coa documentación e outro coa oferta económica. Farase constar neles «Proposición para tomar parte na poxa para rede de sumidoiros Alto Cruz-Posto Cruz Vermella».

A apertura de plicas: o día de remate da presentación ás 13.15 horas.

Documentación: a indicada no prego de condicións.

Modelo de proposición: Don/Dona..., veciño/a de..., con enderezo en..., en nome propio (ou en representación de...), informado/a do anuncio para a execución das obras «Rede de sumidoiros Alto Cruz-posto Cruz Vermella», feito o depósito correspondente e aceptando as responsabilidades e obrigas que impoñen as condicións sinaladas para o efecto, comprométese a executalas pola cantidade de... (en letra) pesetas.

Segundo anuncio

O Concello da Estrada anuncia a contratación polo procedemento de poxa da seguinte obra: mellora e reforma iluminación pública Matalobos etc.

Tipo licitación: 5.496.855 ptas., a baixa.

Fianza provisional: 2%.

Presentación de plicas: entre as 9 e as 13 horas dos trece días naturais seguintes ó da publicación do presente anuncio na secretaría do concello.

As plicas presentaranse en dous sobres pechados, un coa documentación e outro coa oferta económica. Farase constar neles «Proposición para tomar parte na poxa para mellora e reforma iluminación pública Matalobos, etc.».

A apertura de plicas: o día de remate da presentación ás 13.45 horas.

Documentación: a indicada no prego de condicións.

Modelo de proposición: Don/Dona... veciño/a de..., con enderezo en ..., en nome propio (ou en representación de ...), informado/a do anuncio para a execución das obras de mellora e reforma iluminación pública Matalobos, etc., feito o depósito correspondente e aceptando as responsabilidades e obrigas que impoñen as condicións sinaladas para o efecto, comprométese a executalas pola cantidade de... (en letra) pesetas.

A Estrada, 5 de novembro de 1996.

O alcade Acctal.

Rubricado

7902