Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.133

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1996 pola que se anuncia concurso con procedemento aberto para a execución das obras comprendidas no proxecto de urbanización da escalinata da rúa Disciplina.

1. Entidade adxudicadora: Concello da coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: unidade de obras e concesións. b) Número de expediente: O96/54.

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de urbanización da escalinata da rúa Disciplina.

Prazo de execución: dous meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 8.834.546 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 176.700 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación empresarial: non se esixe.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do przo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

d) Admisión de variantes: si.

9. Apertura de ofertas económicas y documentación técnica:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de proposicións. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o contido destes («Oferta económica», «Documentación administrativa» e «Documentación técnica») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para oprtar ó concurso para a contratación das obras comprendidas no proxecto de urbanización da escalinata da rúa Disciplina».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 24 de outubro de 1996.

P.D.

O alcalde

Rubricado

8151