Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.134

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO (FG-168).

Por Decreto da Alcaldía número 4151/1996, do 15 de outubro de 1996, acordouse aprobar inicialmente a modificación das liñas de movemento da edificación no estudio de detalle situado en Breixo-Dorneda (aprobado definitivamente polo Concello Pleno o 18-6-1992), promovida por Promociones Ribadavia, S.A.

Acordouse así mesmo proceder á exposición pública do expediente polo prazo de quince días, que computará desde a derradeira publicación (DOG ou prensa). Ó longo do dito prazo o expediente quedará á disposición de todo aquel que queira examinalo, e poderanse face-las alegacións pertinentes. O expediente poderase examinar nas oficinas municipais de Urbanismo, de 9 a 13 horas tódolos días laborais.

Oleiros, 22 de outubro de 1996.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta

7904