Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1996, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se declara a condición de minero-medicinal das augas procedentes do manancial denominado A Veiga, pozo un e pozo dous número 46 e 47 respectivamente, sito no termo municipal de Arnoia (Ourense).

Vista a solicitude de declaración de minero-medicinais das augas do manancial A Veiga pozo un e pozo dous nº 46 e 47, sita no termo municipal de Arnoia (Ourense) por instancia do Concello de Arnoia (Ourense).

Resultando que o Instituto Tecnolóxico e Mineiro e a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia informan favorablemente sobre a condición de minero-medicinal das devanditas augas.

Considerando que na tramitación do expediente se cumpriron tódolos preceptos regulamentarios contidos no artigo 39 do Real decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento xeral para o réxime da minería.

A Consellería de Industria e Comercio, por proposta da Dirección Xeral de Industria, resolveu:

Declara-la condición de auga minero-medicinal das augas do manancial nomeado A Veiga pozo un e pozo dous nº 46 e 47, respectivamente sito no termo municipal de Arnoia (Ourense), declaración que queda condicionada ó cumprimento de tódolos requisitos establecidos na Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, e da Lei 22/1973, de minas e o regulamento que a desenvolve, e revogarase no suposto de comprobar o incumprimento das esixencias impostas pola regulación mencionada para este tipo de augas.

Ourense, 9 de outubro de 1996.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

7942