Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.120

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da planta de coxeración que se cita. (Expediente 679/1996 R.C.I. 15/13.140).

Para os efectos previstos no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a solicitude da empresa Conservas de Esteiro, S.A.U., co domicilio social en Esteiro, no municipio de Muros (A Coruña), para a autorización administrativa da instalación que se vai executar na factoría da empresa situada no anterior domicilio.

Planta de coxeración coas características seguintes:

Unha central de coxeración grupo D composta polos seguintes elementos:

-Dous grupos motor-xerador de 6.590 kVA cada un, utilizando coma combustible fueloil e tendo como obxectivo o aproveitamento simultáneo da calor e da electricidade.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo de Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 10 de outubro de 1996.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7830