Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.117

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/48-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: modificado 1 o proxecto de LL.MM.TT. derivadas Tambre-Noia.

Situación: Outes e Noia.

Descricións técnicas: derivadas a 20 kV das LL.MM.TT. Tambre-Noia, denominadas:

L.M.T. o C.T. Vilar de Cando de 21 m, L.M.T. o C.T. Sabín de 1.627 m, L.M.T. o C.T. Pontenafonso de 695 m, L.M.T. o C.T. Pumar de 48 m, L.M.T. o C.T. Dosil de 646 m, L.M.T. o C.T. Roo de 1.141 m, L.M.T. o C.T. Orro de 12 m, L.M.T. o C.T. Barro de 439 m e L.M.T. o C.T. Serradoiro Barcia de 225 m.

Construcción de 4 CC.TT. de 100 kVA en Roo e Orro, de 160 kVA en Vilar de Cando e de 250 kVA en Barro e o cambio de tensión a 20 kV nos CC.TT. seguintes Sabín, Pumar, Pontenafonso, Serradoiro Dosil, Eiroa, Barquiña, Carracido, Río do Porto, Monte do Rei, Barcia Serradoiro, dos concellos de Outes e Noia.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro,

sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 25 de setembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

960751