Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.118

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/55-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: L.M.T. subterránea e C.T. en urbanización Xardín de Nós.

Situación: Oleiros.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, en dobre circuíto baixo tubo, con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3 (1x240) mm Al, de 790 m de lonxitude, con orixe no C.T. Vilanova e final no C.T. que se instalará denominado urbanización Xardín de Nós. Centro de transformación, de tipo interior, de 1.000 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, con dúas celas de liña e cela de protección do transformador, Oleiros.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 25 de setembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

9607510