Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.116

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 1996, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle autoriza a instalación dunha planta de coxeración de enerxía eléctrica á empresa Modesto Carrodeguas, S.L., no concello de Cariño (A Coruña), e se inclúe a mesma no réxime especial creado polo Real decreto 2366/1994. (Expediente 179/1996).

Visto o escrito presentado pola empresa Modesto Carrodeguas, S.L., con enderezo para efectos de notificacións na r/ Balbís, nº 1 de Cariño (A Coruña), e tendo en conta os seguintes feitos:

Primeiro.-No citado escrito, que tivo entrada o día 26 de febreiro de 1996, na delegación provincial desta consellería na Coruña a referida empresa, adicada á fabricación, elaboración e venda de conservas de peixe, mariscos e derivados, solicitou a autorización administrativa e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica creado polo Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións hidráulicas, de coxeración e outras abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, para a planta de coxeración que ten previsto instalar instalar na súa factoría do concello de Cariño (A Coruña).

As características técnicas básicas da planta de coxeración serán as seguintes:

-Dous grupos motoxeradores, alimentados por gasóleo, cunha potecia nominal aparente de 1.875 kVA c/u, tensión de xeración de 6 kV e cosº=0,8; dous transformadores de potencia de 2.000 kVA c/u, cunha r.d.t. 6/20 kV±5% e outro para os consumos da propia factoría de 500 kVA e r.d.t. 20/0,4 kV; outras instalacións auxiliares de interconexión, mando, sinalización e media. Investimento estimado en 270 millóns de pesetas.

Segundo.-Acompaña á devandita solicitude o preceptivo anteproxecto da instalación, o estudio dos rendementos enerxéticos acadables e do aforro de enerxía que se conseguirá coa posta en servicio das instalacios proxectadas, e o resto da documentación a que fai referencia o artigo 5.4º do citado Real decreto 2366/1994.

Terceiro.-De conformidade co establecido no Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación ó presente expediente en virtude do establecido na disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña dictou Resolución do 13 de marzo de 1996 pola que se someteu a información pública a autorización administrativa da instalación de referencia, que se publicou no DOG do 18-4-1996 e no BOP da Coruña do

8-4-1996, non presentándose no periodo legalmente establecido para iso alegación ningunha.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente recibiu informe favorable da dita delegación provincial.

Quinto.-Na tramitación do presente expediente observáronse as formalidades legais.

Fundamentos de dereito

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, no Decreto 132/1982, do 4 de novembro e no Decreto 209/1990, do 15 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polos decretos 140/1991, do 2 de maio e 292/1995, do 3 de novembro, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctrica e o Real decreto 2366/1994, do 9 de decembro.

Segundo.-A planta de coxeración proxectada supera os rendementos enerxéticos mínimos que para o tipo de combustible se establecen no anexo do citado Real decreto 2366/1994, sendo realizado o expediente con cumprimento da tramitación regulamentaria.

Terceiro.-Examinada a documentación que consta no expediente, queda de manifesto que debe accederse ó solicitado pola empresa Modesto Carrodeguas, S.L. e, por conseguinte, proceder á autorización administrativa da planta e ó recoñecemento á mesma da condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2366/1994.

Vistos os preceptos legais e os demais de pertinente e xeral aplicación, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la instalación dunha planta de coxeración á empresa Modesto Carrodeguas, S.L., a situar nas instalacións da factoría que dita empresa ten na r/ Balbís, nº 1 de San Bartolomeu, concello de Cariño (A Coruña).

Segundo.-Recoñecerlle á planta de coxeración autorizada a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2366/1994, e incluíla no grupo d) do artigo 2 do dito real decreto.

Como requisito necesario para a aplicación do réxime especial á dita instalación, a citada empresa deberá inscribir aquela no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xullo de 1995 (DOG do 14-7-1995), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 11 do Real decreto 2366/1994, presentando a documentación que

figura nas instruccións dictadas por esta dirección xeral en desenvolvemento da citada orde.

O promotor presentará ante a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio, no prazo dun ano contado a partir da data de publicación no DOG da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada, a cal conterá os datos e condicións técnicas para a realización das instalacións de conexión da central á rede, que serán facilitados pola empresa que distribúa enerxía eléctrica na zona, así como o punto de interconexión.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso ordinario perante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir da data da súa aplicación.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 1996.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

9607512