Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.110

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (91/1996-3).

En virtude do disposto polo maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en xuízo de testamentaría nº 91/1996-3, dos que son promoventes Manuel Ramón, Jesús, José Mario, Mª Mercedes e Ermitas Giao López, representados polo procurador Xesús Raposo Quintas, respecto do patrimonio hereditario de Juan Giao Couceiro, cítase os interesados na dita herdanza para compareceren, por si ou por medio de procurador con poder declarado bastante, ante este xulgado, sito no edificio dos xulgados 2ª planta, rúa Viena, s/n, polígono das Fontiñas, o día 29 de novembro, ás 10 horas co fin de formar inventario e administración. No caso de que falecesen, poderán comparece-los seus herdeiros, coa prevención de que, se non o fan, o xuízo continuará sen volvelos citar.

E para que así conste e sirva de citación ós interesados, expido o presente edicto, que asino en Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1996.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

9608189