Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.111

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de novembro de 1996 pola que se anuncia o concurso público, procedemento aberto, para a contratación mediante tramitación urxente das obras de restauración parcial III e rehabilitación completa do castelo de Monterrei en Monterrei (Ourense), e seis máis.

Esta secretaría, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso público, procedemento aberto, en trámite de urxencia para a adxudicación das obras que se citan:

1. Restauración parcial III e rehabilitación completa do castelo de Monterrei, en Monterrei (Ourense).

Orzamento de licitación: 68.555.528 ptas. (sesenta e oito millóns cincocentas cincuenta e cinco mil cincocentas vinteoito pesetas), IVE incluído.

Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación requirida: grupo K, categoría d, subgrupo 7.

2. Restauración da fortaleza de Maceda, fases II, III e IV, en Maceda (Ourense).

Orzamento de licitación: 56.851.523 ptas. (cincuenta e seis millóns oitocentas cincuenta e unha mil cincocentas vintetrés pesetas), IVE incluído.

Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación requirida: grupo K, categoría e, subgrupo 7.

3. Restauración da igrexa de Santa María de Marzá en Palas de Rei (Lugo).

Orzamento de licitación: 8.969.782 ptas. (oito millóns novecentas sesenta e nove mil setecentas oitenta e dúas pesetas), IVE incluído.

Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: 45 días.

Clasificación requirida: grupo K, categoría d, subgrupo 7.

4. Rehabilitación da casa rectoral do mosteiro de San Xusto de Toxosoutos, en Lousame (A Coruña).

Orzamento de licitación: 68.450.167 ptas. (sesenta e oito millóns catrocentas cincuenta mil cento sesenta e sete pesetas), IVE incluído.

Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: 5 meses.

Clasificación requirida: grupo K, categoría e, subgrupo 7.

5. Restauración e consolidación estructural da igrexa de Guimarei, en Friol (Lugo).

Orzamento de licitación: 45.992.809 ptas. (Corenta e cinco millóns novecentas noventa e dúas mil oitocentas nove pesetas), IVE incluído.

Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación requirida: grupo K, categoría e, subgrupo 7.

6. Remodelación do edificio do semáforo para aloxamento turístico, 1ª fase, en Fisterra (A Coruña).

Orzamento de licitación: 40.514.361 ptas. (corenta millóns cincocentas catorce mil trescentas sesenta e unha pesetas), IVE incluído.

Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación requirida: grupo K, categoría d, subgrupo 7.

7. Posta en valor do contorno do faro de Fisterra e II fase de rehabilitación do edificio O Semáforo, en Fisterra (A Coruña).

Orzamento de licitación: 38.384.494 ptas. (trinta e oito millóns trescentas oitenta e catro mil catrocentas noventa e catro pesetas), IVE incluído.

Garantía definitiva: 4% do importe de licitación.

Prazo de execución: 3 meses.

Clasificación requirida: grupo K, categoría e, subgrupo 7.

-Exposición de proxectos: os proxectos e os pregos de cláusulas administrativas particulares estarán de manifesto na Secretaría Xeral para o Turismo, praza de Mazarelos 15, de Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación das proposicións.

-Prazo de presentación de proposicións: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no DOG e rematará o décimo terceiro día hábil.

-Lugar de presentación das proposicións: no rexistro da Secretaría Xeral para o Turismo, praza de Mazarelos nº 15, Santiago de Compostela, e no rexistro xeral da Xunta de Galicia, desde as 9 ata as 14 horas. Se a presentación fose en sábado, farase no rexistro xeral da Xunta de Galicia. En canto ás proposicións por correo, haberá que aterse ó disposto na cláusula 6.2 parágrafo segundo do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que deben presenta-los licitadores: a especificada nos pregos de cláusulas administrativas.

-Apertura de proposicións: terá lugar na sala B da Consellería da Presidencia e Administración Pública ás 9 horas do día 29 de novembro de 1996.

-Información adicional: a solvencia económica, financeira e técnica acreditarase da forma prevista na cláusula 6.5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Anuncio: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1996.

P.D. (Orde 21-5-1995)

Rubén Víctor Lois Calviño

Secretario xeral para o Turismo

8165