Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.110

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (387/1995).

En virtude do acordado por este xulgado nos autos de verbal civil, número 387/1995, promovidos por Ramón Balsa Domínguez, contra Víctor Manuel Viqueira Iglesias, Jesús Ferreiro García e Schweiz Cía. Anónima de Seguros y Reaseguros, sobre reclamación de cantidade por danos en accidente de tráfico. Por medio da presente cédula cítase a Jesús Ferreiro García, co fin de que compareza na sala de audiencia deste xulgado o vindeiro día 14 de xaneiro de 1997, ás 10.15 horas, e para iso deberá concorrer cos medios de proba dos que intente valerse, baixo apercibimento de que, se non comparece, recaerán sobre el os prexuízos ós que houber lugar en dereito, consonte o artigo 729 da LAC, e fáiselle saber que se atopan á súa disposición na secretaría deste xulgado as copias da demanda e demais documentos que se acompañan.

E para que lles sirva de notificación en forma ós citados demandados e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1996.

O secretario

Rubricado

9607758