Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.110

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (373/1995).

En virtude do acordado por este xulgado nos autos de xuízo verbal civil número 373/1995, promovidos por Bertrand Benjamín Braz, contra María del Pilar Valverde Costa, Pilar Alfonso Veiga e compañía de seguros Catalana Occidente, S.A., sobre reclamación de cantidade por danos en accidente de tráfico, por medio desta cédula cítase a María del Pilar Valverde Costa co fin de que compareza na sala de audiencia deste xulgado o próximo día 14 de xaneiro de 1997, ás 9.30 horas, para o cal deberá

concorrer cos medios de proba de que se tente valer, baixo apercibimento de que se no comparece recaerá na súa rebeldía o prexuízo a que houber lugar en dereito, conforme o artigo 729 da L.A.C.

E para que sirva de citación en forma ós mencionados demandados e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela, 21 de outubro de 1996.

O secretario

Rubricado

9607804