Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.110

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (181/1996).

Pola presente cédula, e en virtude do acordado nesta data pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, Luisa María Pérez Rúa, nos autos de xustiza gratuíta nº 181/1996, seguidos por instancia de Luis Manuel Insua Sobrido, representado pola procuradora Treus Blanco e defendido polo letrado Pérez Lijo, contra Mª Dolores Villaverde Gendra e o letrado da Xunta de Galicia, para o día 16 de decembro ás 10 horas, cítase á demandada Mª Dolores Villaverde Gendra, que tivo o seu domicilio en Ribeira e hoxe en ignorado paradoiro, en única convocatoria, para que xunto con tódolos medios de proba de que intente valerse, compareza neste xulgado, sito na Praza do Concello s/n de Ribeira, co fin de asistir á celebración do acto de xuízo correspondente, prevíndoa de que a copia da demanda está ó seu dispor neste xulgado.

E para que teña lugar a citación acordada, expido a presente cédula en Ribeira, 10 de outubro de 1996.

A xuíza

Rubricado

9607801