Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.109

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE MUROS

EDICTO (181/1996).

Mª del Carmen Isasi Varela, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Muros e o seu partido, fai saber que nos autos de xuízo de manor contía que se seguen neste xulgado co nº 181/1996, promovidos por Manuel Lestón Mayo, representado polo procurador Ignacio Otero Ramos, contra compañía Explotaciones Marinas, S.A., dictouse resolución pola que se acordou notificar e empraza-lo demandado, representante legal da compañía Explotaciones Marinas, S.A. por medio de edictos, e sinálaselle o prazo de dez días para comparecer no xuízo con avogado que o defenda e procurador que o represente, baixo apercibimento de

que, se non o verifica dentro do prazo expresado, será declarado en rebeldía, e darase por precluído o trámite de contestación á demanda, seguindo o preito o seu curso e notificaráselle na sede do xulgado a resolución que para o efecto se dicte, e as posteriores.

E para que lle sirva de emprazamento ó demandado referido e para a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, expido, selo e asino o presente edicto en Muros (A Coruña), 13 de setembro de 1996.

O secretario

Rubricado

9607707