Advertidos erros no anexo da resolución desta universidade de 20 de setembro de 1996 (DOG do 9 de outubro) pola que se fai pública a designación de comisións encargadas de resolver concursos para a provisión de prazas de corpos docentes universitarios, este rectorado ó amparo do previsto no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, procede á súa rectificación nos seguintes termos:
Praza número: 96/015:
-Onde di: «González Fernández-Corugedo, Santiago; catedrático de universidade. Universidade da Coruña», debe dicir: «González Fernández-Corugedo, Santiago; catedrático de universidade. Universidade de Oviedo».
-Onde di: «González Gro, Constante», debe dicir: «González Groba, Constante».
A Coruña, 22 de outubro de 1996.
José Luis Meilán Gil
Rector da Universidade da Coruña
9607396