Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.101

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 1996 pola que se fixa a data na que se celebrará o acto de apertura dos sobres que conteñen os votos para a elección dun vocal do Consello Galego de Servicios Sociais.

Proclamados os candidatos a vocais do Consello Galego de Servicios Sociais en representación das entidades que actúan na área da muller por Resolución do 8 de xullo de 1996 (DOG nº 152, do

5 de agosto) e dando cumprimento ó disposto no artigo 4.2º da Orde do 10 de maio de 1995 (DOG do 2 de xuño ), esta consellería,

RESOLVE:

Sinala-la celebración do acto de apertura dos sobres que conteñen os votos, co fin de elixi-lo vocal representante das entidades que actúan na área da muller, que se efectuará o día 22 de novembro de 1996, ás 13 horas na sala B da Consellería da Presidencia e Administración Pública. (Edificio administrativo San Caetano,s/n, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 1996.

José Mª Hernández Cochón

Consellería de Sanidade e Servicios Sociais

9607890