Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.097

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 8 de novembro de 1996 pola que se dictan normas para garanti-los servicios esenciais durante a folga xeral convocada para o día 11 de novembro de 1996 no Concello das Pontes de García Rodríguez.

O exercicio do dereito de folga na Administración da Comunidade Autónoma de Galicia está condicionado ó mantemento dos servicios esenciais, de acordo co Decreto 155/1988, do 9 de xuño, o que significa, tal e como declarou o Tribunal Constitucional, que o dereito da comunidade a estas prestaciones vitais é prioritario respecto do dereito á folga, se ben esta prioridade necesita ser contrastada en cada situación de folga e sometida ó principio de proporcionalidade dos sacrificios impostos ós folguistas e ós beneficiados polo servicio, no que atinxe ós dereitos fundamentais, as liberdades públicas e os bens constitucionalmente protexidos.

O mencionado Decreto 155/1988, do 9 de xuño, polo que se dictan normas para garanti-la prestación dos servicios esenciais no ámbito da Comunidade Autónoma, establece que terán a consideración de servicios esenciais, entre outros e polo que respecta ós prestados por esta consellería, a recepción e rexistro de documentos (artigo 2).

A motivación da concreta determinación do mínimo de actividade e da fixación do persoal preciso para asegura-lo mantemento dos específicos servicios esenciais prestados por esta consellería é, respecto a cada un deles, a seguinte:

-Nas Axencias de Extensión Agraria, o que estas dependencias realizan funcións de rexistro e recepción de documentos.

Por todo iso, o mínimo de actividade e o personal preciso para asegura-lo mantemento dos específicos servicios esenciais prestados por esta consellería e afectados pola presente convocatoria de folga é o seguinte:

Axencia de extensión agraria das Pontes de García Rodríguez.

-Un funcionario.

A designación nominal do persoal que deberá cubri-los servicios fixados será feita polo delegado provincial da consellería, e publicada nos taboleiros de anuncios nos respectivos centros de traballo.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 1996.

P. D. (O. 13-12-93)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

7870