Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.097

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 23 de setembro de 1996 pola que se fixa o prezo de venda ó público das publicacións 1º Congreso de Cooperativismo Agrario Galego e Congreso de Montes Veciñais.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6 sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías

correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único:

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relacionan no anexo.

2. Este prezo entenderase con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 1996.

Tomás Pérez Vidal

Conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes

ANEXO I

-1º Congreso de Cooperativismo Agrario Galego:

3.200 pesetas.

-Congreso de Montes Veciñais: 3.000 pesetas.

8274