Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.094

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 outubro de 1996 pola que se readscriben a postos de traballo desta consellería os funcionarios de libre designación afectados polas modificacións derivadas do Decreto 346/1996, do 13 de setembro (DOG do 24).

Vistas as modificacións derivadas da aplicación do Decreto 346/1996, do 13 de setembro (DOG do 24 de setembro), e a súa corrección de erros (DOG do 25 de outubro de 1996), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que afectan a denominación e o contido de diversas subdireccións xerais e servicios deste departamento.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Persoal, e de conformidade coa autorización establecida na disposición transitoria única do citado Decreto 346/1996,

DISPÓN:

Primeiro.-Readscribi-los funcionarios de libre designación que se relacionan ós postos de traballo seguintes:

1. Servicios centrais.

A. Subdireccións xerais.

-Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria: Francisco Martínez-Reboredo y Salvadores.

-Subdirección Xeral de Programación: Manuel-Carlos González Días.

-Subdirección Xeral de Formación Profesional e de Educación de Adultos: Antonio-Luis Reguera González.

-Inspector xefe: Emilio Pérez Sánchez.

B. Xefaturas de servicio.

-Servicio de Xestión Económica e Réxime Interior: Ruperto Vilar Reino.

-Servicio de Informática: Miguel-Ángel Pueyo Losa.

-Servicio de Profesorado de Ensinanzas Secundaria, de Formación Profesional e de Réxime Especial: José Luis Canosa Baldomir.

-Servicio de Formación Profesional: Vicente Yáñez González.

-Servicio de Educación de Adultos e Xestión Económica: José-Alejo Losada Aldrey.

2. Servicios periféricos. (Xefaturas de servicio).

Delegación Provincial da Coruña:

-Servicio Provincial de Inspección: Rosa Gómez Díaz.

-Servicio da Unidade Técnica: Raúl Freire Pérez.

Delegación Provincial de Lugo:

-Servicio da Unidade Técnica: Francisco J. Sancosmed Lage.

Delegación Provincial de Ourense:

-Servicio Provincial de Inspección: María Fernanda Valcarce Pestaña.

-Servicio da Unidade Técnica: David Ortiz de Arce de la Fuente.

Delegación Provincial de Pontevedra:

-Servicio Provincial de Inspección: Javier González Rajó.

-Servicio da Unidade Técnica: Rafael Fontoira Surís.

Segundo.-Estas readscricións teñen carácter provisional en tanto non se publique a relación de postos de traballo desta consellería.

Terceiro.-A presente resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

8271