Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Luns, 11 de novembro de 1996 Páx. 10.086

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 1996, da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas, pola que se fai pública a convocatoria e a orde do día da reunión da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas.

En cumprimento do establecido no artigo 8.3º do Decreto 4/1987, do 8 de xaneiro, na súa nova redacción fixada polo Decreto 195/1991, do 30 de maio (DOG do 11-4-1991), polo que se modifica o Regulamento de organización e funcionamento do Consello de Comunidades Galegas, logo da conformidade do presidente da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro.-Convoca-la reunión da comisión delegada do Consello de Comunidades Galegas para os días 13 e 14 do mes de decembro de 1996 en Santiago de Compostela.

Segundo.-A orde do día da devandita reunión será a que figura como anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 1996.

Fernando Amarelo de Castro

Secretario xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas

ANEXO

Orde do día da reunión da comisión delegada do Consello de Comunidades Galegas.

1. Constitución da comisión.

2. Informe das actuacións realizadas en favor da Galicia exterior en 1996. Presentación da memoria anual.

3. Informe sobre liñas de actuación para 1997, con especial referencia á celebración do 2º Día da Galicia Exterior.

4. Preparación e presentación de ponencias para o Pleno do Consello de Comunidades Galegas que se celebrará en 1997.

5. Intervención e informe dos representantes das comunidades galegas na comisión delegada.

7873