Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 23 de outubro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia, con urxencia, a licitación polo sistema de concurso aberto da obra de clave AC-96-120 Carnota.

A) Obras:

Clave. AC-96-120 Carnota.

Título: acondicionamento da intersección na C-550 en Carnota.

Orzamento: trinta e un millóns cincocentas oitenta e dúas mil cincocentas dezaseis (31.582.516) pesetas.

Clasificación: grupo C, subgrupo 5, categoría b.

Grupo E, subgrupo 7, categoría a.

Grupo G, subgrupo 4, categoría a.

Grupo I, subgrupo 9, categoría a.

Prazo de execución: doce meses.

Fianza provisional: seiscentas trinta e unha mil seiscentas cincuenta (631.650) pesetas.

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio administrativo de Monelos, 8º andar, na Coruña.

C) Garantías que se lles esixe ós licitadores.

Esixiráselle-la fianza provisional indicada no apartado A) anterior, salvo nos casos establecidos no parágrafo 2 do artigo 36 da LCAP e unha fianza definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A devandita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial da Coruña, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ben persoalmente ou ben envialas por correo dentro do prazo de admisición sinalado, conforme o disposto no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do vixésimo sexto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións será realizada pola mesa de contratación na sala de xuntas da Delegación Provincial da Coruña, ás doce horas do quinto día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do derradeiro día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

A Coruña, 23 de outubro de 1996.

P.O. (Orden 30-1-1996)

Jesús Almuíña Loeda

Delegado provincial da Coruña

9607846