Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.058

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 24 de outubro de 1996 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto da obra proxecto de construcción dunha vía desde a avenida de Castrelos ó Parque Tecnolóxico, Parque Botánico e Universidade de Vigo, de clave CV/PO/96.1.

1. Nome, dirección, número de teléfono, telégrafo, télex e telecopiadora do poder adxudicador.

Xunta de Galicia, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, Subdirección Xeral de Estradas, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela, A Coruña (España), teléfono nº (981) 54 49 86, telefax nº (981) 54 45 29.

2.a) Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto.

b) Contido do contrato obxecto da licitación: proxecto de construcción dunha vía desde a avenida de Castrelos ó Parque Tecnolóxico, Parque Botánico e Universidade de Vigo, de clave CV/PO/96.1, orzamento 1.450.039.892 ptas.

3.a) Lugar de execución: Concello de Vigo.

b) Natureza e alcance das prestacións, características xerais da obra: incluída no proxecto que se xunta como documento complementario ó prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Prazo de execución eventualmente imposto.

32 meses.

5.a) Nome e enderezo do servicio ó que pode solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: o indicado no parágrafo número 1.

6.a) Data límite de recepción das ofertas: 16 de decembro de 1996.

b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: o indicado no parágrafo 1 do presente anuncio e na forma establecida nos pregos de condicións.

c) Lingua ou linguas en que deben redactarse as ofertas: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, acompañado de traducción oficial.

7.a) Se é o caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: acto público.

b) Data, hora e lugar da apertura das ofertas: 20 de decembro de 1996, á 11 horas na sala de xuntas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

8. Se é o caso, fianza e garantía esixidas.

Esixirase unha fianza provisional do (2%) do orzamento de contrata (29.000.798 ptas.) e unha fianza definitiva equivalente ó (4%) do orzamento de contrata (58.001.596 ptas.).

As ditas garantías poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento e/ou referencias ós textos que as regulan.

Pagamento a conta de carácter mensual, baseado na avaliación do traballo, de conformidade co artigo 145 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de empresarios adxudicatario do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo a Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e normativa de desenvolvemento.

11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista.

As que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

13. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

14. Información complementaria.

Clasificación: grupo B, subgrupo 3, categoría e. Grupo G, subgrupo 4, categoría e.

15. Data de envío do anuncio.

24 de outubro de 1996.

16. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas.

24 de outubro de 1996.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 1996.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

9607694