Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.057

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1996, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se fai pública a adxudicación definitiva do contrato administrativo de proxecto e construcción dunha estación de autobuses de terceiro nivel en Cangas (Pontevedra).

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orde do 13 de decembro de 1993, resolveu adxudicar o concurso de proxecto e construcción dunha estación de autobuses de terceiro nivel en Cangas (Pontevedra) a la empresa Feyju Galicia, S.L., por un orzamento de 34.985.659 ptas., e un prazo de execución de 3 meses.

O que en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte o da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

O que se fai público os efectos do previsto no artigo 94 da Lei de contratos das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de de 1996.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

8142