Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.056

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (374/1996).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela, tramítanse co número 374/1996, autos de xuízo voluntario de testamentaría da causante Josefina Berdomás Rey, promovidos por José Albor Berdomás, representado

polo procurador Calviño Gómez, no que figura como interesado Urbano Albor Berdomás, con domicilio descoñecido para a parte demandante. E por medio da presente cédula cítase o expresado interesado co fin de que no termo de quince días a partir da publicación desta cédula, compareza nos mencionados autos, representado por procurador e defendido por letrado, facendo uso do seu dereito, apercibíndodo de que se non comparece o xuízo seguirá na súa rebeldía sen volvelo citar.

Así mesmo, cítase para que o día 21 de novembro próximo ás 10 da mañá, poida asistir á formación do inventario da herdanza da causante na sala de audiencia deste xulgado, baixo apercibimento de recaer sobre el o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

Dada en Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1996.

A secretaria

Rubricado

7644