Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.056

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1996, da Dirección Xeral de Obras Públicas e Transportes, pola que se inicia expediente de substitución de concesións de servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada de competencia exclusiva da Xunta de Galicia.

Ó abeiro do establecido na disposición transitoria segunda da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e do Decreto 302/1988, do 3 de novembro, da Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia, iniciouse o expediente de substitución da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada que a continuación se indica:

V-1776; XG-125, entre Fondevila e Melide, con prolongación e anexos, da titularidade de Pedro José Gómez Serna.

Os interesados ou afectados neste expediente poderán presentarse no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las observacións que estimen oportunas no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1996.

Emilio García Gallego

Director xeral de Obras Públicas e Transportes

7645