Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.056

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación de remate (379/1996).

En virtude do acordado en resolución do día da data, nos autos de referencia, pola presente cédula cítase de remate o referido demandado José Pallas Carro, co fin de que dentro do termo improrrogable de nove días hábiles se opoña á execución contra el despachada, se así lle conviñer, e compareza nos autos por medio de avogado que o defenda e procurador que o represente, apercibíndoo de que, de non o verificar, será declarado en situación de rebeldía procesual, e recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito. Faise constar expresamente que, por descoñecerse o paradoiro do demandado, se efectuou o embargo sobre bens da súa propiedade sen previo requirimento de pagamento.

En Santiago de Compostela, 7 de outubro de 1996.

O/A secretario/a

Rubricado

7708