Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Venres, 08 de novembro de 1996 Páx. 10.028

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de outubro de 1996 pola que se autoriza o cambio de titularidade do centro privado Videlba, de Montrove-Oleiros (A Coruña).

Examinado o expediente incoado por Ramón Andrés Lata Faraldo, en representanción de Videlba S.L. titular do centro privado Videlba de Oleiros (A Coruña), en solicitude de cambio de titularidade do devandito centro.

Resultando que, mediante escritura pública notarial de cesión de titularidade, outorgada ante o notario do Colexio da Coruña Francisco Manuel Ordóñez Arman, a entidade mercantil Videlba, S.L. cede a súa titularidade, para tódolos efectos, a favor de Green School, Sociedad Limitada.

Resultando que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, que se uniron a el os documentos esixidos e que a petición foi sometida ó informe da Inspección de Educación.

Resultando que o referido centro docente ten a correspondente autorización para impartir ensinanzas.

Vistos o Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27), o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22), e demais disposicións complementarias.

Considerando que se cumpriron neste expediente tódolos requisitos esixidos pola normativa vixente nesta materia.

Esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de titularidade do centro privado Videlba de Oleiros (A Coruña) a favor de Green School, Sociedad Limitada, con tódolos dereitos e obrigas contraídos pola cedente Videlba, S.L., sen prexuízo das responsabilidades que puidesen recaer sobre a anterior titular do centro por actos ou omisións realizados antes do cambio de titularidade que se autoriza.

O cambio de titularidade non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 1996.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

7977