Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 10.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

BASES para a provisión, mediante concurso, de tres prazas de operarios laborais fixos.

1.-Obxecto da convocatoria.

1.1.-Constitúe o obxecto da convocatoria a provisión fixa, en réxime de dereito laboral, polo sistema de concurso, de tres prazas de operarios, incluídas na oferta pública de emprego do ano 1996 do Concello de Sarria.

1.2.-O procedemento de selección dos aspirantes será o de concurso, segundo o baremo que figura no anexo I desta convocatoria.

2.-Lexislación aplicable.

O rpesente concurso rexerase polo establecido na Lei 7/1985, do 2 de abril; Real decreto 781/1986, do 18 de abril; Lei 30/1984, do 2 de agosto; R.D. 896/1991, do 7 de xuño; R.D. 364/1995, do 10 de marzo; R.D. lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, acordo básico municipal

para persoal do Concello de Sarria, aprobado polo Concello Pleno, en sesión con data 31 de outubro de 1991, e demais disposicións que resulten de aplicación.

3.-Características das prazas.

O cometido funcional das prazas é o exercicio propio destas, de acordo coa titulación esixida e concretamente aquelas como: conservación, reparación e mantemento das dependencias municipais, do servicio de iluminacións públicas, rede de sumidoiros, limpeza, instalacións deportivas municipais, así como aqueloutras que determine en cada momento o propio concello.

4.-Requisitos dos candidatos.

Os que desexen tomar parte nesta convocatoria deberá reuni-los seguintes requisitos:

a) Ser español, ou cidadán membro dun estado da Comunidade Europea, nos termos da Lei 17/1993, do 23 de decembro.

b) Ter capacidade de obrar conforme o disposto no Código Civil.

c) Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder daquela en que falten menos de 10 anos para a xubilación forzosa por idade, sen prexuízo da compensación dos servicios prestados anteriormente, se así se acreditase.

d) Estar en posesión do certificado de escolaridade, dun título equivalente ou superior, ou en condición de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

e) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das correspondentes funcións.

f) non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servicio ó Estado, comunidades autónomas ou entidades locais, nin acharse inhabilitado para o servicio das funcións públicas.

Tódolos requisitos anteriormente relacionados deberán posuílos os aspirarntes no momento de remata-lo prazo de presentación de instancias, debendo manterse estas durante todo o proceso selectivo ata o momento da formalización do contrato.

Quen obteña praza obxecto desta convocatoria estará suxeito ó réxime de incompatibilidades que determinen as disposicións vixentes.

5.-Solicitudes.

5.1.-Os que desexen tomar parte no concurso deberán presenta-la súa solicitude en modelo oficial que se lles facilitará na oficina rexistro deste concello.

5.2.-Para seren admitidos ó concurso, bastará con que os aspirantes manifesten na súa solicitude de participación, que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base 4ª, referidas sempre

á data de expiración do prazo de presentación de instancias.

A autoridade convocante, por si ou por proposta do presidente do tribunal, deberá dar conta ós órganos competentes das inexactitudes ou falsidades en que puidesen incorre-los aspirantes, para os efectos procedentes.

5.3.-As instancias irán dirixidas ó alcalde-presidente e irán acompañadas do xustificante acreditativo de ter ingresados na depositaría municipal, os dereitos de exame, así como dos documentos xustificativos dos méritos alegados conforme o baremo establecido no anexo I das presentes bases.

A falta de acreditación dos méritos alegados, determinará a imposibilidade de valoración.

5.4.-Dereitos de exame.

Os solicitantes, para poderen participar no correspondente proceso selectivo, deberán ingresar na depositaría municipal deste concello, a cantidade de 2.000 ptas. en concepto de dereito de exame.

5.5.-Lugar de presentación.

As solicitudes presentararnse na oficina de rexistro deste concello. Tamén poderán presentarse as instancias e aboa-los dereitos de exame na forma prevista no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5.6.-Prazo de presentación.

O prazo e presentación de instancias será de 20 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do estracto desta convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

6.-Lista de admitidos e excluídos.

Expirado o prazo de presentación de solicitudes, o alcalde dictará resolución no prazo máximo dun mes, declarando aprobada a lista de admitidos e excluídos, cos nomes, apelidos e nº do DNI. A mencionada resolución publicarase no BOP e taboleiro de edictos da corporación, indicando as causas de exclusión, e concedéndose un prazo de dez días hábiles para efectos de reclamacións ou solicita-la emenda de erros que se puidesen producir, entendéndose a lista elevada a definitiva no caso de que non se producisen reclamacións no prazo indicado.

7.-Comezo e desenvolvemento.

Cunha antelación de, polo menos, 15 días, publicarase no taboleiro de edictos da corporación e no BOP, a relación definitiva de concursantes, a composición do tribunal e lugar, día e hora en que se procederá á cualificación dos méritos.

8. Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador estará constituído da seguinte forma:

-Presidente: o da corporación ou membro desta en quen delegue.

-Vocais:

-O concelleiro delegado de obras.

-Un representante da Comunidade Autónoma.

-Un representante do persoal do concello, de titulación igual ou superior á esixida para as prazas obxecto desta convocatoria, designado por proposta dos delegados de persoal.

-O secretario do concello, quen así mesmo actuará como secretario do tribunal.

Para cada un dos membros do tribunal designarase un suplente.

A totalidade dos membros deberá posuír un nivel de titulación igual ou superior á esixida para ocupa-las prazas obxecto da convocatoria.

Os membros do tribunal deberán absterse de formar parte deste e intervir cando concorra algunha das causas previstas nos artigos 28 da Lei 30/1992, e poderán ser recusados con base nos motivos e de conformidade co procedemento previsto no artigo 29 da mesma lei.

O tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes, indistintamente.

Os membros do tribunal terán dereito ó aboamento das indemnizacións pola asistencia como membros deste, de conformidade co previsto no R.D. 236/1988, do 4 de marzo e demais normativas de actualización de contías, que se establecen no anexo 4 do citado decreto.

A resolución do tribunal vincula a Administración, sen prexuízo de que esta, se é o caso, poida proceder á súa revisión, conforme o previsto nos artigos 102 e seguintes da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra as resolucións e actos do tribunal, e os de trámite que impidan continua-lo procedemento ou produzan indefensión, poderá interpoñerse recurso ordinario ante o alcalde-presidente do concello.

O nomeamento das persoas que integrarán o tribunal cualificador realizarase por resolución da alcaldía.

9. Cualificación de méritos.

No lugar, día e hora sinalados, o tribunal cualificará os concursantes en función dos méritos alegados, debidamente xustificados polos aspirantes e formará a relación en función das puntuacións totais obtidas por cada concursante.

Os méritos non xustificados non serán valorados.

O resultado farase público o mesmo día en que se acorde e será exposto no taboleiro de edictos da corporación.

10.-Lista de aprobados do tribunal cualificador.

Unha vez rematada a cualificación dos aspirantes, o tribunalk fará pública a relación de aprobados por orde de puntuación, e o seu número non poderá exceder, en ningún caso, ó de prazas convocaddas.

A orde de colocación dos aspirantes na lista de aprobados establecerase de maior a menor puntuación. En caso de empate da puntuación, acudirase para dirimilo á outorgada pola orde de puntuación máxima establecida no baremo anexo á convocatoria.

O tribunal, concluída a cualificación e formada a relación de aprobados, elevará á alcaldía a proposta dos candidatos para a formalización dos contratos, que en ningún caso poderá exceder do nº de prazas convocadas.

Ó mesmo tempo, remitiralle á dita autoridade a acta da sesión.

11.-Presentación de documentos.

11.1.-Xustificación dos requisitos:

Con carácter previo á formalización do contrato, os aspirantes seleccionados denerán presentar na oficina rexistro deste concello os documentos seguintes, acreditativos de que reúnen os requisitos esixidos na convocatoria:

a) Fotocopia do DNI que deberá presentarse acompañada do orixinal para a súa compulsa.

b) Copia autenticada ou fotocopia, que denberá presentar acompañada do orixinal para a súa compulsa, do título académico esixido na presente convocatoria, ou certificación académica dos estudios realizados e xustificante de aboados os dereitos para a súa expedición.

c) Certificado médico acreditativo de non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desempeño do posto de traballo de que se trata, que haberá de ser expedido polos servicios médicos da Delegación Provincial da Consellería de Sanidade.

d) Certificado de antecedentes penais.

e) Declaración xurada de non ter sido separado do servicio de calquera das administracións públicas nin estar inhabilitado no exercicio da función pública por sentencia firme.

Os que tivesen a condición de funcionarios públicos estarán exentos de xustificaren as condicións e requisitos xa acreditados para obteren o seu anterior nomeamento, debendo presentar unicamente certificación do ministerio ou organismo do que dependan, acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal.

O prazo de presentación dos anteriores documentos será de vinte días naturais, a partir do seguinte ó da publicación dos seleccionados no taboleiro de anuncios do concello.

Se, dentro do prazo indicado, e agás os casos de forza maior, non presentasen a documentación esixida, ou desta se deducise que carecen dalgún dos requisitos esixidos, non poderán ser nomeados, quedando anuladas tódalas súas actuacións e sen prexuízo das responsabilidades en que puidesen incorrer por falsidade nas súas solicitudes de participación.

12.-Adquisición da condición de persoal fixo.

O alcalde do Concello de Sarria formalizará os contratos cos aspirantes que, incluídos na proposta de candidatos proposta polo tribunal, presentasen a documentación esixida na convocatoria. Ata que se formalicen estes e se incorporen ós postos de traballo correspondentes, os aspirantes non terán dereito a percepción económica ningunha.

Os contratos terán o carácter de indefinidos, co período de proba correspondente. Transcorrido o devandito período de proba, o persoal que o supere satisfactoriamente, adquirirá a condición de persoal laboral fixo.

ANEXO I

Baremo para o concurso de méritos

1.-Por cada ano de servicios efectivamente prestados neste concello e nos seus organismos autónomos, ata a data de remate da presentación de instancias, nas funcións propias ou semellantes ás prazas que se convocan: 0,70 puntos por ano completo, valorándose as fraccións inferiores ó ano 0,06 puntos por mes e sen que o total poida exceder, en todo caso, de 3,5 puntos.

2.-Cursos, xornadas e actividades ou traballos profesionais desenvolvidas en colaboración con organismos oficiais que se consideren relevantes para a praza que se opta e que posúan relación coas funcións que se van desenvolver: 1,5 puntos por cada un, ata un máximo de 3 puntos.

3.-Pola posesión do permiso de conducir da clase C1 ou superior, 2 puntos.

4.-Por cada ano de servicios prestados na empresa privada ou outra administración pública: 0,25 puntos por ano completo, valorándose as fraccións inferiores ó ano 0,02 puntos por ems, e sen que o total poida exceder, en todo caso, de 1,5 puntos.

Os méritos ós que se fai referencia neste baremo deberán posuírse na data en que remate o prazo de presentación de instancias, computándose, en calquera caso, ata a dita data.

Os ditos méritos serán acreditados polos interesados mediante documentos expedidos ou visados por organismos oficiais.

Sarria, 11 de xullo de 1996.

Arturo Corral Guitián

Alcalde

8038