Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 10.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO.

Anúnciase que o Concello Pleno, en sesión ordinaria celebrada o día 11 de outubro de 1996, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Deixar sen efecto a aprobación inicial e provisional da modificación puntual de planeamento, por trocalas circunstancias que motivaron o acordo.

2. Aprobar provisionalmente o PERI da zona 1 do SU-48, cos condicionamentos impostos polo servicio de enxeñería do 2-9-96 e polo Servicio de Urbanismo en 9-10-1996.

De conformidade co artigo 114 do R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño, sométese o citado expediente á exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, para que as persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Ourense, 22 de outubro de 1996.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde

5567