Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 10.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión celebrada o día 26 de setembro de 1996, acordou aprobar inicialmente o proxecto da modificación puntual da aliñación fixada polas normas subsidiarias do planeamento do termo municipal de Arteixo promovido por Francisco García Lafuente, para a adaptación á realidade na rúa Fernando Casas Novoa, e suprimindo o patio de fachada no edificio para adaptalo á ordenanza de aplicación sito no Camiño dos Cabalos, nº 34, esquina á rúa Fernando Casas Novoa, Arteixo, que queda sometido a información pública polo prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte á aparición do presente anuncio no Diario

Oficial de Galicia, durante o cal as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido nas dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo, sitas na Avda. do Balneario, nº 10-1º, Arteixo, e presentaren alegacións que consideren convenientes.

Arteixo, 22 de outubro de 1996.

Manuel Pose Miñones

Alcalde

8020