Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Xoves, 07 de novembro de 1996 Páx. 9.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 1996, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/9-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.

Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15005 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Trambalasaugas.

Situación: Arteixo e Laracha.

Descricións técnicas: liña de media tensión a 15/20 kV de 1.019 m de lonxitude, en LA-56 que parte da L.M.T. Cillobre-Lendo e final no apoio nº 8 da mesma L.M.T. Concellos de Arteixo e Laracha.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 25 de setembro de 1996.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

7372