Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se detalla:
Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.
Enderezo social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T. a C.T. O Pino.
Situación: Laracha.
Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 15/20 kV, de 30 m de lonxitude en LA-30 que parte da L.M.T. Cillobre-A Piña na súa derivada a C.T. Formigueiro e final no C.T. que se construirá no Pino, tipo aéreo de 25 kVA, concello de Laracha.
Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
A Coruña, 25 de setembro de 1996.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
7388